Outono fotografico
Octubre 25, 2007
Manana es el gran dia, si estais en Ourense acercaros por
A Casa da Xuventude e podreis ver dos fotos mis expuestas en la exposicion Outono Fotografico, la direccion es Rua Celso Emilio Ferreiro 27 Telefono 988 228 500. De Lunes a sabado de 17 a 21.30, cierra los festivos
Os podeis bajar el catalogo de la exposicion aqui
Muchas Gracias Vitor me llena de ilusion exponer en Ourense
25 OUTONOS
E outros tantos fotógrafos. Con eles celebra a Casa da Xuventude de Ourense os 25 anos de Outono Fotográfico. Mostra comisariada por Vítor Nieves.
Na Casa da Xuventude de Ourense, do 26 de outubro ao 13 de novembro
Na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela, a partir do 23 de novembro
Tomorrow if you are in Ourense and you have free time please go to see my pictures in the 25 Outono photographic exhibition
You can download here more information
Como xa é sabido por todos, o Outono chega ás 25
primaveras. Co gallo dese aniversario organízase esta
exposición que leva por nome 25 Outonos. 25 anos, 25
fotógraf@s, 25 olladas e 25 mundos distintos.
Con esta exposición reafírmanse os valores máis importantes do
Outono Fotográfico: un evento aberto a todo aquel que,
baixo a premisa dun mínimo de calidade, queira participar;
dinamizar a oferta cultural no que á fotografía se refire
creando unha oferta plural que chegue á maior cantidade
de xente posible e seguir habilitando esa plataforma que
sirva de lanzadeira e apoio a novos valores do noso país,
xa que os 25 artistas son todos menores de trinta anos,
pero moitos deles xa despuntan neste mundo ateigado e
difícil da arte.
Pretendemos que esta exposición sexa unha mostra do que
se está a facer no mundo da fotografía na Galicia actual.
Por iso non hai un nexo común concreto nin en canto ás
formas nin aos fondos.
É unha exposición pensada para o espectador, dinámica á par que didáctica, xa que nela se
poden ver todos eses submundos de seu que conviven na
arte, todos os xeitos de afrontar a fotografía, e todos os
soportes e tamaños posíbeis.
Así, por exemplo, se atendemos ás formas —soportes,
técnica e medidas— temos dende obras clásicas como
fotos enmarcadas ou polo contrario fotografías de grandes
dimensións en soportes máis contemporáneos como
o aluminio, o algodón, o foam ou o PVC. Atoparemos
tamén caixas de luz; instalacións; video-art; documentos
fotográficos de performance e intervencións, que pola súa
capacidade comunicativa se converteron en obra plástica
por si mesmos, ou imaxes creadas sen empregar cámaras
fotográficas, ben sexan imaxes dixitais de ordenador, ou
obtidas a través dun escáner (que farían os pais Niepce,
Talbot ou Daguerre se tivesen un escáner ou un CCD?).
Hoxe en día a fotografía perdeu a definición histórica da
súa propia nomenclatura, e, como está a pasar no resto
das artes, mestúrase polos vieiros interdisciplinares,
obtendo obras máis pictóricas que fotográficas; máis
escultóricas, cando lle rouban ao espazo unha terceira
dimensión; ou chegando ata a representar o movemento
na montaxe en vídeo (e se levantasen cabeza Muybridge
ou Marey?), pero iso si sen esquecer a Nai Técnica, e a
nosa sempiterna aliada: a luz.
E se nos fixamos no fondo —no campo do conceptual—
temos dende traballos de autor moi diversos que nos falan
acerca de mundos internos e persoais, paisaxes cerebrais,
imaxes pertencentes a traballos de fotodocumentalismo,
fotografías de cadernos de bitácora, imaxes pertencentes
a traballos de investigación, etc.
@s 25 artistas traballaron xunt@s nesta exposición para
presentarnos as mellores obras de seu, e conscientes da
importancia que ten dito aniversario, coa intención de
homenaxear o Outono Fotográfico, que agora máis ca
nunca goza dunha envexable boa saúde. Por vinte e cinco
vinte e cincos máis.
Vitor Nieves
Coma un mosaico capa z de reproducir as luces e sombras de 25 outonos,
como 25 follas caídas das árbores de 25 anos perennes para nós,
coma o ret rato do que ret ratan aqueles de ollos de 25 outonos,
coma 25 hoxes que nos lembran os outonos de 25 ontes,
coma 25 postais de outono que revestiron máis de vinte mil matices,
outonos filmados e feitos volume, outonos saídos do metacrilato,
outonos que soñaron abandonar a bidimensionalidade, outonos activos, accionados,
outonos realistas coma un par to en directo, outonos asistidos, adubiados, a pelo,
outonos dixitais, escaneadas ner viacións das follas secas de 25 outonos,
outonos coloreados por ordenador, est roboscópicos outonos, outonos limpos,
outonos 50 x 70, outonos xigantescos, outonos sen límites precisos ou
outonos que duran coma se durasen todo o ano.
Outonos nos que nos deixamos a pel, fotografías da nosa pel na que sempre é outono,
25 anacos de nós montados sobre aluminio ou car tón-pluma,
o que contemplan do outono 25 ollos de 25 outonos,
e –seguro–
os que virán.
Yolanda Castano